jump to navigation

Sempre hai ALTERNATIVAS LIBRES 6-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
1 comment so far

Acabo de descubrir unha páxina (o mellor é mais vella que Mathusalem, e quedo coma un novato) que é unha autentica maravilla. É unha base de datos na que figuran todas as alternativas libres que existen para programas privativos, por exemplo si pomos Adobe Photoshop ponnos ó lado todos-los programas equivalentes de software libre que podemos usar para sustituilo, como por exemplo, Gimp, Cinepaint, etc. Está distribuido por categorias de software (Ofimática, Rede, Xogos, Gráficos, Multimedia, etc), e os usuarios da páxina poden ir añandindo equivalencias. Está moi ben para os que teñen medo a cambiar por medo a non ter alternativa ou para entusiastas do Software Libre que queiran probar programas.

Enlace: ALTERNATIVAS LIBRES

Nero Linux 3….realmente é necesario??? 6-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
add a comment

Xa temos dispoñibe a nova versión de Nero para Linux, neste caso a 3ª, que está baseada na versión 7 de Nero Burning Rom para Hasefroch. Con ela terás a posibilidade de grabar HD-DVD e BlueRay, ademais de CD e DVD, por suposto. O prezo (si amigos, por que ten prezo, e nin sequera é software libre) e de 19.99 e pode ser adquirido na sua páxina web.

nerolinux3

A unica razón pola cal informo da saida de este software privativo para GNU/Linux é que como antes comentei permite grabar HD-DVD e BlueRay, cousa que creo que polo de agora esta vedada a maioria dos mortais polo alto prezo de estas unidades, e tamén por que non existe (ou non coñezo) polo de agora un programa de grabación pra GNU/Linux que funcione con este tipo de unidades. Como todos sabedes existen alternativas gratuitas e libres coma GnomeBaker, Brasero ou K3B (a mais completa e para min a mellor a pesares de ser KDE).

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.