jump to navigation

Cambiamos de dirección 30-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Xeral.
add a comment

Bueno, estou de mudanzas, pois agora decanteime por un un wordpress “madeinfeitonacasa” hosteado nun servidor novo. Principalmente o cambio é por que o outro permiteme moita mais liberdade a hora de utilizar plugins e widgets.  A nova dirección do Blog é a seguinte:

http://www.oblogdeleo.es/

A partires de agora todos lo novos posts seran publicados nesta nova dirección, polo que agradecería que si tendes algun link na vosa páxina o meu blog, ou a tendes en marcadores no voso navegador a actualizades.

Esperovos na nova dirección

O OLPC xa está na cadea de montaxe 23-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Despois de 5 anos de esforzos e atrancos (Intel boicoteou ata fai pouco o proxecto, pero o final aliouse…a mala publicidade, xa se sabe), o portatil dos 100 $ xa está na sua fase de producción masiva. Tralo visto bo dado por os fabricantes de Hardware non hai nengún impedimento para a sua fabricación e estará dispoñible nos paises que o demanden (e non estén na lista negra dos Estados Unidos, pois ten que respetar por desgracia as leises americanas) a partires de Outubro do presente ano.

O portátil conta con mais de 800 componentes de Hardware e será montada nas factorias do maior fabricante de portátiles do mundo, Quanta.

Noticia extraida de THE INQUIRER Edición Española

HaseCorp de novo facendo das suas 17-07-07

Posted by leillo1975 in HaseFroch, Informática.
add a comment

Acabo de ler en BARRAPUNTO que os señores de HaseCorp tomou o control do Comité Técnico de Portugal que ten que evaluar a sua proposta para a aprovación de estandar aberto do OOXML. Digo tomou o control porque decidiu que nin IBM nin SUN podían particiapar, e isto é o mais cachondo, argumentando a falta de espazo na sala donde se van a reunir.

O que me parece mais incrible é que HaseCorp teña a potestad de escoller quen pode ou non evaluar, cando o mais lóxico sería que foran terceiros os que regulasen o tema. Esta claro que “poderoso caballero es don dinero

Novo video do Asus Eee PC 701 13-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Fai algunhas semanas saia a luz unha noticia en moitas páxinas e blogues sobre que ASUS tiña pensado sacar o mercado un portátil por uns 200 $, o Asus Eee PC 701. Se queredes ver con mais detalle este portatil votadelle unha ollada neste video:

Que facer co noso vello Hardware 10-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Ademais de instalarlle un linux dos que tiran pouco dos recursos como DSL ou Puppy tamén podemos darlle outros usos mais artísticos e creativos. Se queredes ver uns cantos exemplos deixovos unhas cantas fotos interesantes:

computerparts_1.jpg

computerparts_3.jpg

computerparts_4.jpg

computerparts_5.jpg

computerparts_7.jpg
computerparts_10.jpg
Fonte e mais fotos: TechEBlog 

Motor de consumo 0, motor magnético 9-07-07

Posted by leillo1975 in Tecnoloxía.
3 comments

Fai uns días un  compañeiro comentabame a existencia dun video no se que mostraba un prototipo de motor que non consumía nada e que funcionaba con imáns. Despois de velo somentes digo que quedei abraiado, sobre todo despois de ver unha moto funcionando con este motor. Agora digo, ¿sairá este prototipo a venda algún día ou virán as petroleiras a meterlle pasta por un tubo os desenroladores desta tecnoloxía para comprarlles a patente e que non saia nunca ó mercado?. Deixovos un par de videos para que o vexades vos mesmos

Sempre hai ALTERNATIVAS LIBRES 6-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
1 comment so far

Acabo de descubrir unha páxina (o mellor é mais vella que Mathusalem, e quedo coma un novato) que é unha autentica maravilla. É unha base de datos na que figuran todas as alternativas libres que existen para programas privativos, por exemplo si pomos Adobe Photoshop ponnos ó lado todos-los programas equivalentes de software libre que podemos usar para sustituilo, como por exemplo, Gimp, Cinepaint, etc. Está distribuido por categorias de software (Ofimática, Rede, Xogos, Gráficos, Multimedia, etc), e os usuarios da páxina poden ir añandindo equivalencias. Está moi ben para os que teñen medo a cambiar por medo a non ter alternativa ou para entusiastas do Software Libre que queiran probar programas.

Enlace: ALTERNATIVAS LIBRES

Nero Linux 3….realmente é necesario??? 6-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
add a comment

Xa temos dispoñibe a nova versión de Nero para Linux, neste caso a 3ª, que está baseada na versión 7 de Nero Burning Rom para Hasefroch. Con ela terás a posibilidade de grabar HD-DVD e BlueRay, ademais de CD e DVD, por suposto. O prezo (si amigos, por que ten prezo, e nin sequera é software libre) e de 19.99 e pode ser adquirido na sua páxina web.

nerolinux3

A unica razón pola cal informo da saida de este software privativo para GNU/Linux é que como antes comentei permite grabar HD-DVD e BlueRay, cousa que creo que polo de agora esta vedada a maioria dos mortais polo alto prezo de estas unidades, e tamén por que non existe (ou non coñezo) polo de agora un programa de grabación pra GNU/Linux que funcione con este tipo de unidades. Como todos sabedes existen alternativas gratuitas e libres coma GnomeBaker, Brasero ou K3B (a mais completa e para min a mellor a pesares de ser KDE).

Mais cousas delirantes…Beatallicaaaaaa!!!!!!!!!!!! 2-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias.
1 comment so far

Non, non se trata dunha rapaza chamada Bea que lle mola MetallicA….Dandome un paseo polo meu perfil de Last.fm puxenme a investigar as recomendacions de grupos que me fai esta páxina e vin BeatallicA. Enseguida pulsei e quedei sorlprendido. Un grupo que fai versións dos Beatles pero ao estilo de Metallica…e xa leva 2 discos!!!!!!!!!.

Logo de escoitar unha canción (The Thing That Should Not Let It Be) quedeime todo pillado e fun de cabeza o YouTube. Non digo nada mais. É mellor que o vexades vos mesmos:

The Thing That Should Not Let It Be

Hey dude

Ktulu (He’s so heavy)

Mais pequeno ainda, unha computadora nun USB 27-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
1 comment so far

Se fai uns dias comentabavos que podíamos levar o noso sistema operativo nun USB con QEMU, agora falovos dun ordenador totalmente funcional nun USB. A empresa alpina CALAO diseñou un minusculo sistema SBC de nombre”USB-9260″, basado na arquitectura ARM, co Kernel Linux 2.6.

Este microordenador ten un procesador ARM926EJ-S a 190 MHz con 64 Mb de SDRAM e 256 Mb flash, e inclue tamén un porto Ethernet 10/100 e dous conectores USB 2. A empresa informa que pronto estarán no mercado, ainda que non aclarou cal sería o prezo. Deixovos unha foto do deseño para que vos fagades unha idea.

calao

Noticia tomada de VivaLinux!