jump to navigation

CompComm, a fusión Beryl e Compiz comenza a dar resultados 20-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
trackback

Fai algún tempo o equipo de desenroladores de Compiz tivo un mal roio e o proxecto escindiuse dando lugar a a Beryl, que competía co anterior. Hai algunhas semanas limaron as suas diferencias e volveron a xuntarse para unir as suas forzas e crear un escritorio que puidese competir cos novos sistemas operativos privativos (Hasefroch Vista e MacOS 10-11?).

O novo proxecto chamase CompComm (OpenCompositing.org), pero supoño que se trata dun nome provisional, por que fai mais ou menos unha semana faciase na rede unha votación para escoller o nome do proxecto (os que mais sonaban eran Coral e Fusion)Finalmente o nome oficial do proxecto fixose público e é Compiz Fusion–

O que si se nota tras instalarlo e que agora todos os efectos son moito mais estables, xa que con Beryl a verdade e que faiaba todo mais que unha escopeta de feira. E o menú de configuración está moito mais ordenado, claro e integrado ca antes. Hai bastantes plugins de efectos novos, pero sin duda destacan un par deles, Expo e Fire Paint. O primeiro a parte de moi vistoso é tremendamente util, xa que cun so movemento de mouse (esquina superior esquerda por defecto), mostra na pantalla todos os escritorios do cubo en liña, permitindo facilmente coller as ventanas e levalas dun a outro escritorio con pasmosa facilidade. O de escribir con lume é unha parida que en principio eu non lle vexo utilidade algunha (bueno, para fardar cos colegas non linuxeiros), pero recoñezo que é un puntazo. Poñovos un video de demostración que atopei en YouTube para que vexades de que falo:

Seguro que hai mais plugins interesantes que non menciono, pero ireinos probando pouco a pouco. Podedes deixar as vosas impresións nos comentarios.

Deixovos o enlace a un post en castelán no que explica como instalalo cun sinxelo script.

Advertisements

Comentarios»

No comments yet — be the first.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: