jump to navigation

Cambiamos de dirección 30-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Xeral.
add a comment

Bueno, estou de mudanzas, pois agora decanteime por un un wordpress “madeinfeitonacasa” hosteado nun servidor novo. Principalmente o cambio é por que o outro permiteme moita mais liberdade a hora de utilizar plugins e widgets.  A nova dirección do Blog é a seguinte:

http://www.oblogdeleo.es/

A partires de agora todos lo novos posts seran publicados nesta nova dirección, polo que agradecería que si tendes algun link na vosa páxina o meu blog, ou a tendes en marcadores no voso navegador a actualizades.

Esperovos na nova dirección

Que facer co noso vello Hardware 10-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Ademais de instalarlle un linux dos que tiran pouco dos recursos como DSL ou Puppy tamén podemos darlle outros usos mais artísticos e creativos. Se queredes ver uns cantos exemplos deixovos unhas cantas fotos interesantes:

computerparts_1.jpg

computerparts_3.jpg

computerparts_4.jpg

computerparts_5.jpg

computerparts_7.jpg
computerparts_10.jpg
Fonte e mais fotos: TechEBlog 

Mais cousas delirantes…Beatallicaaaaaa!!!!!!!!!!!! 2-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias.
1 comment so far

Non, non se trata dunha rapaza chamada Bea que lle mola MetallicA….Dandome un paseo polo meu perfil de Last.fm puxenme a investigar as recomendacions de grupos que me fai esta páxina e vin BeatallicA. Enseguida pulsei e quedei sorlprendido. Un grupo que fai versións dos Beatles pero ao estilo de Metallica…e xa leva 2 discos!!!!!!!!!.

Logo de escoitar unha canción (The Thing That Should Not Let It Be) quedeime todo pillado e fun de cabeza o YouTube. Non digo nada mais. É mellor que o vexades vos mesmos:

The Thing That Should Not Let It Be

Hey dude

Ktulu (He’s so heavy)

O proxecto CompComm xa ten nome oficial Compiz Fusion 22-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática.
add a comment

Hai uns dias publicaba a noticia de que a xente de Compiz e Beryl uniranse para crear un escritorio con efectos como dios manda, e que provisionalmente o proxecto chamabase CompComm. Agora acabase de facer público o nome do proxecto, que contra todo pronostico non se chamará Coral (como asi parecía nas votacións….ummmm, pouco democráticos estos tios) senón que se chamará Compiz Fusion.

Tamén decirvos que os que o instalastes co script que viña no post en castelán, que o desinstaledes (“./makeccc uninstall” no directorio donde teñades o script) e dende o mesmo post os baixedes un novo script (makefusion), e seguindo os pasos o instaledes todo de novo, pois ten alguns cambios.

Deixovos con outro video do proxecto onde se explican cada un dos novos efectos

CompComm, a fusión Beryl e Compiz comenza a dar resultados 20-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Fai algún tempo o equipo de desenroladores de Compiz tivo un mal roio e o proxecto escindiuse dando lugar a a Beryl, que competía co anterior. Hai algunhas semanas limaron as suas diferencias e volveron a xuntarse para unir as suas forzas e crear un escritorio que puidese competir cos novos sistemas operativos privativos (Hasefroch Vista e MacOS 10-11?).

O novo proxecto chamase CompComm (OpenCompositing.org), pero supoño que se trata dun nome provisional, por que fai mais ou menos unha semana faciase na rede unha votación para escoller o nome do proxecto (os que mais sonaban eran Coral e Fusion)Finalmente o nome oficial do proxecto fixose público e é Compiz Fusion–

O que si se nota tras instalarlo e que agora todos os efectos son moito mais estables, xa que con Beryl a verdade e que faiaba todo mais que unha escopeta de feira. E o menú de configuración está moito mais ordenado, claro e integrado ca antes. Hai bastantes plugins de efectos novos, pero sin duda destacan un par deles, Expo e Fire Paint. O primeiro a parte de moi vistoso é tremendamente util, xa que cun so movemento de mouse (esquina superior esquerda por defecto), mostra na pantalla todos os escritorios do cubo en liña, permitindo facilmente coller as ventanas e levalas dun a outro escritorio con pasmosa facilidade. O de escribir con lume é unha parida que en principio eu non lle vexo utilidade algunha (bueno, para fardar cos colegas non linuxeiros), pero recoñezo que é un puntazo. Poñovos un video de demostración que atopei en YouTube para que vexades de que falo:

Seguro que hai mais plugins interesantes que non menciono, pero ireinos probando pouco a pouco. Podedes deixar as vosas impresións nos comentarios.

Deixovos o enlace a un post en castelán no que explica como instalalo cun sinxelo script.

Mais momentos irrepetibles….¿Bruce Dickinson e Yosi xuntos? 15-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias.
add a comment

Fai alguns anos, os mais vellos recordamos que en “Cadena 100” había un programa de radio chamado Emisión Pirata, e nun destes programas fixose unha festa na que invitaron a Bruce Dickinson (cantante de Iron Maiden) a cantar o Johnny B. Goode con xente importante  da escena hardrockeira española, como Yosi, Fortu, Rosendo, xente de Ñu, A Palo Seko, etc. Xuntos fixeron esta versión mais que libre de Johnny B. Goode.

Fixadevos que o que mais e o que menos levaba unha boa tallada, alucinante a cara de Bruce cando cantaba Yosi, que non se enteraba de nada….

 

Linux sen limitacións: QEMU-Puppy 12-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, HaseFroch.
1 comment so far

Fai algún tempo que coñezo Puppy Linux. Esta distro permite executar un sistema GNU/Linux completo nun pendrive, sen necesidade de modificar os discos duros, co que teríamos o noso sistema operativo para usar en calquera ordenador que poida arrincar dispositivos USB.

Pero o conseguido gracias a virtualización de sistemas xa é incrible, pois permite ter o noso Puppy cos nosos axustes, documentos, paquetes, etc sen necesidade de resetear o noso equipo, xa que o sistema corre nunha ventana gracias a QEMU en sistemas GNU/Linux e Hasefroch. Imaxinadevos as posibilidades. Calquera ordenador convirtese no noso ordenador…ides a casa dun amigo e necesitades facer calquera cousa, ou nuns ordenadores públicos…donde queirades.

Se queredes facer a voso propio sistema de bolsillo so tendes que seguir as instruccións desta páxina.

QEMU-PUPPY2 QEMU-PUPPY

Fonte: AGNIX

Video Informativo sobre a SGAE 4-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Xeral.
add a comment

De novo a voltas ca SGAE….votadelle un ollo a este video que esta moi ben e é moi ilustrativo

¿¿¿Como sería HaseCorp no ano 1936??? 29-05-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, HaseFroch.
add a comment

Perdendo o tempo un pouco por YouTube atopeime este video que me fixo bastante gracia.

 Increible o do señor Ballmer, nin que copiara os xestos…..

Frets on Fire en Galego!!! 29-05-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux.
add a comment

O meu xogo favorito GNU/Linux xa está traducido ó galego. Tratase de Frets On Fire, que é un clón do Guitar Hero das consolas. Consiste en tocar cancións (trae so 3 pero podense exportar as de Guitar Hero) co teclado. Existen versións para Windows e Mac tamén. Se queres descargalo pasate polos foros das CiberIrmandades da Fala. Deixovos un par de videos para que vexades como é o xogo e como se xoga co teclado.

 

Fonte www.mancomun.org