jump to navigation

O OLPC xa está na cadea de montaxe 23-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Despois de 5 anos de esforzos e atrancos (Intel boicoteou ata fai pouco o proxecto, pero o final aliouse…a mala publicidade, xa se sabe), o portatil dos 100 $ xa está na sua fase de producción masiva. Tralo visto bo dado por os fabricantes de Hardware non hai nengún impedimento para a sua fabricación e estará dispoñible nos paises que o demanden (e non estén na lista negra dos Estados Unidos, pois ten que respetar por desgracia as leises americanas) a partires de Outubro do presente ano.

O portátil conta con mais de 800 componentes de Hardware e será montada nas factorias do maior fabricante de portátiles do mundo, Quanta.

Noticia extraida de THE INQUIRER Edición Española

Novo video do Asus Eee PC 701 13-07-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Fai algunhas semanas saia a luz unha noticia en moitas páxinas e blogues sobre que ASUS tiña pensado sacar o mercado un portátil por uns 200 $, o Asus Eee PC 701. Se queredes ver con mais detalle este portatil votadelle unha ollada neste video:

Que facer co noso vello Hardware 10-07-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Ademais de instalarlle un linux dos que tiran pouco dos recursos como DSL ou Puppy tamén podemos darlle outros usos mais artísticos e creativos. Se queredes ver uns cantos exemplos deixovos unhas cantas fotos interesantes:

computerparts_1.jpg

computerparts_3.jpg

computerparts_4.jpg

computerparts_5.jpg

computerparts_7.jpg
computerparts_10.jpg
Fonte e mais fotos: TechEBlog 

Motor de consumo 0, motor magnético 9-07-07

Posted by leillo1975 in Tecnoloxía.
3 comments

Fai uns días un  compañeiro comentabame a existencia dun video no se que mostraba un prototipo de motor que non consumía nada e que funcionaba con imáns. Despois de velo somentes digo que quedei abraiado, sobre todo despois de ver unha moto funcionando con este motor. Agora digo, ¿sairá este prototipo a venda algún día ou virán as petroleiras a meterlle pasta por un tubo os desenroladores desta tecnoloxía para comprarlles a patente e que non saia nunca ó mercado?. Deixovos un par de videos para que o vexades vos mesmos

Mais pequeno ainda, unha computadora nun USB 27-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
1 comment so far

Se fai uns dias comentabavos que podíamos levar o noso sistema operativo nun USB con QEMU, agora falovos dun ordenador totalmente funcional nun USB. A empresa alpina CALAO diseñou un minusculo sistema SBC de nombre”USB-9260″, basado na arquitectura ARM, co Kernel Linux 2.6.

Este microordenador ten un procesador ARM926EJ-S a 190 MHz con 64 Mb de SDRAM e 256 Mb flash, e inclue tamén un porto Ethernet 10/100 e dous conectores USB 2. A empresa informa que pronto estarán no mercado, ainda que non aclarou cal sería o prezo. Deixovos unha foto do deseño para que vos fagades unha idea.

calao

Noticia tomada de VivaLinux!

¡¡¡ Novo Record !!!, IBM supera o PetaFLOP 27-06-07

Posted by leillo1975 in Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Ainda que algúns lle poida sonar un pouco mal esto do “petaFLOP” (en que pensades…), resulta que se trata do novo supercomputador que ten en en mente IBM para deixar atras o seu Blue Gene/L. Este novo “modelo” pasaría a chamarse Blue Gene/P.

Este sistema petaFLOP (1015 FLOPS) constaría de 294.912 núcleos dispostos nun sistema de racks de 72 elementos, e unidos por unha rede óptica de alta velocidad (casi ná!). O novo sistema podería ampliarse a 3 petaFLOPs, sendo para eso necesario chegar os 884.736 procesadores nun cluster de 216 racks.

Un petaflop equivale a 1.000 billons de operacions por segundo. Según nos di IBM, o sistema é 100.000 veces mais potente cun PC de sobremesa. Cada procesador de Blue Gene/P está composto de 4 IBM PowerPC a 850 MHz. Cada un deles é capaz de realizar 13.600 millóns de operacións por segundo. Cada unha das placas de 60x60cm. está composta por 32 procesadores e cada Rack leva 32 placas… aver, facendo contas, cada Rack tería 1024 procesadores ou 4096 núcleos (4 núcleos * 32 procesadores * 32 placas * 72 racks = 294.912 núcleos). Salientable decir que o sistema funcionará coa distribución GNU/Linux SUSE. INCREIBLE-BLE!!!!

blueGene

Noticia Orixinal tomada de The Inquirer edición Española

Xa temos ZFS para GNU/Linux 21-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Tras todo o rebumbio que se montou coas declaracións por parte de SUN sobre que Leopard utilizaría ZFS, e o desmentido por parte de Apple decindo que non sería o sistema de arquivos por defecto, e so funcionaría en modo lectura, agora confirmase que tamén se poderá disfrutar de deste sistema en Linux.

Este sistema non virá implementado no kernel (a sua licencia non é aberta, pero non compatible con GPL), senón que se executará como un proceso de usuario mediante o subsistema FUSE. Eso non vai a representar ningún problema, pois FUSE funciona bastante ben. O que si hay que pulir é o seu rendemento.

CompComm, a fusión Beryl e Compiz comenza a dar resultados 20-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Fai algún tempo o equipo de desenroladores de Compiz tivo un mal roio e o proxecto escindiuse dando lugar a a Beryl, que competía co anterior. Hai algunhas semanas limaron as suas diferencias e volveron a xuntarse para unir as suas forzas e crear un escritorio que puidese competir cos novos sistemas operativos privativos (Hasefroch Vista e MacOS 10-11?).

O novo proxecto chamase CompComm (OpenCompositing.org), pero supoño que se trata dun nome provisional, por que fai mais ou menos unha semana faciase na rede unha votación para escoller o nome do proxecto (os que mais sonaban eran Coral e Fusion)Finalmente o nome oficial do proxecto fixose público e é Compiz Fusion–

O que si se nota tras instalarlo e que agora todos os efectos son moito mais estables, xa que con Beryl a verdade e que faiaba todo mais que unha escopeta de feira. E o menú de configuración está moito mais ordenado, claro e integrado ca antes. Hai bastantes plugins de efectos novos, pero sin duda destacan un par deles, Expo e Fire Paint. O primeiro a parte de moi vistoso é tremendamente util, xa que cun so movemento de mouse (esquina superior esquerda por defecto), mostra na pantalla todos os escritorios do cubo en liña, permitindo facilmente coller as ventanas e levalas dun a outro escritorio con pasmosa facilidade. O de escribir con lume é unha parida que en principio eu non lle vexo utilidade algunha (bueno, para fardar cos colegas non linuxeiros), pero recoñezo que é un puntazo. Poñovos un video de demostración que atopei en YouTube para que vexades de que falo:

Seguro que hai mais plugins interesantes que non menciono, pero ireinos probando pouco a pouco. Podedes deixar as vosas impresións nos comentarios.

Deixovos o enlace a un post en castelán no que explica como instalalo cun sinxelo script.

Linux nunha caixa de mistos 24-05-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Acabo de ler en BarraPunto que unha empresa da India esta fabricando microcomputadoras do tamaño dunha caixa de mistos que funcionan con Linux. A empresa e EI Labs, e o hardware consta dunha mini pantalla LCD, teclado tipo matricial ¿?¿?¿? (Si alguén sabe o que é que mo explique), portos USB que soportan Wifi e Bluetooth, porto serie, un procesador ARM9, 32 de RAM e 16 MB de Flash. Vale entre 100 e 150 $

eilabs

¡Pon un Led na tua vida! 21-05-07

Posted by leillo1975 in Tecnoloxía.
add a comment

Segundo acabo de ler no blog de Tonio Castro (Que che vou contar…), a universidade de UCLA (University of California, Los Angeles) conseguiron que as pantallas retroiluminadas gracias á tecnoloxía de Leds sexan mais brillantes, delgadas e baratas.

A mellora do Led consiste na inxección dun liquido polimérico que consegue que con menos consumo en Watios este teña maior luminosidade. Esta tecnoloxía coñecerase por PLED e Canon xa a patentou para nun prazo duns 3 anos comezar a aplicala nos seus productos.