jump to navigation

¡¡¡ Novo Record !!!, IBM supera o PetaFLOP 27-06-07

Posted by leillo1975 in Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Ainda que algúns lle poida sonar un pouco mal esto do “petaFLOP” (en que pensades…), resulta que se trata do novo supercomputador que ten en en mente IBM para deixar atras o seu Blue Gene/L. Este novo “modelo” pasaría a chamarse Blue Gene/P.

Este sistema petaFLOP (1015 FLOPS) constaría de 294.912 núcleos dispostos nun sistema de racks de 72 elementos, e unidos por unha rede óptica de alta velocidad (casi ná!). O novo sistema podería ampliarse a 3 petaFLOPs, sendo para eso necesario chegar os 884.736 procesadores nun cluster de 216 racks.

Un petaflop equivale a 1.000 billons de operacions por segundo. Según nos di IBM, o sistema é 100.000 veces mais potente cun PC de sobremesa. Cada procesador de Blue Gene/P está composto de 4 IBM PowerPC a 850 MHz. Cada un deles é capaz de realizar 13.600 millóns de operacións por segundo. Cada unha das placas de 60x60cm. está composta por 32 procesadores e cada Rack leva 32 placas… aver, facendo contas, cada Rack tería 1024 procesadores ou 4096 núcleos (4 núcleos * 32 procesadores * 32 placas * 72 racks = 294.912 núcleos). Salientable decir que o sistema funcionará coa distribución GNU/Linux SUSE. INCREIBLE-BLE!!!!

blueGene

Noticia Orixinal tomada de The Inquirer edición Española

Duas mais de Ubuntu 22-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
add a comment

A primeira é que xa se fixeron públicas as especificacións da futura Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon. Aquí vos deixo algunhas das novidades:

-Kernel 2.6.22

-X.org 7.3

-GNOME 2.20 (os Kubunteiros KDE 3.5.7, ainda que tamén incluirá KDE 4.0 RC2)

-Terá Compiz-Fusión de serie para as configuracións de Hardware que o soporten

A outra nova é para postear as direccións de varios libros online sobre Ubuntu (sacado de AGNIX). Pulsade sobre a portada de cada un dos libros para velos:

move ubuntu official ubuntu ubuntu hacks ubuntu unleashed

O proxecto CompComm xa ten nome oficial Compiz Fusion 22-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática.
add a comment

Hai uns dias publicaba a noticia de que a xente de Compiz e Beryl uniranse para crear un escritorio con efectos como dios manda, e que provisionalmente o proxecto chamabase CompComm. Agora acabase de facer público o nome do proxecto, que contra todo pronostico non se chamará Coral (como asi parecía nas votacións….ummmm, pouco democráticos estos tios) senón que se chamará Compiz Fusion.

Tamén decirvos que os que o instalastes co script que viña no post en castelán, que o desinstaledes (“./makeccc uninstall” no directorio donde teñades o script) e dende o mesmo post os baixedes un novo script (makefusion), e seguindo os pasos o instaledes todo de novo, pois ten alguns cambios.

Deixovos con outro video do proxecto onde se explican cada un dos novos efectos

Xa temos ZFS para GNU/Linux 21-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Tras todo o rebumbio que se montou coas declaracións por parte de SUN sobre que Leopard utilizaría ZFS, e o desmentido por parte de Apple decindo que non sería o sistema de arquivos por defecto, e so funcionaría en modo lectura, agora confirmase que tamén se poderá disfrutar de deste sistema en Linux.

Este sistema non virá implementado no kernel (a sua licencia non é aberta, pero non compatible con GPL), senón que se executará como un proceso de usuario mediante o subsistema FUSE. Eso non vai a representar ningún problema, pois FUSE funciona bastante ben. O que si hay que pulir é o seu rendemento.

Mais de 823 programas libres e gratuitos para Hasefroch en CDlibre.org 21-06-07

Posted by leillo1975 in HaseFroch, Informática.
add a comment

Dende o dia 18 deste mes atopanse dispoñibles na web de cdlibre.org diferentes CD’s e DVD’s con recopilacións de Software Libre e gratuito para Hasefroch. Nestas imaxes podemos atopar programas como Ad-aware, Blender, GIMP, Stellarium o XAMPP, Gordian Knot, AVStoDVD, e incluso xogos como Natto-cat, Pix Bros ou Scorched 3D.

Decir que tamén hay imaxes de DVD’s temáticas, como as adicadas a Educación, Xogos, Ofimática e Programación

Non nos moverán, señor Gates……… 21-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, HaseFroch, Informática.
add a comment

Ubuntu, Mandriva e Red Hat acaban de anunciar publicamente que van facer caso omiso das tentativas de HaseCorp de firmar acordos con empresas de Software Libre para eludir posibles demandas polo tema das patentes do software.

Polo de agora algunhas “acojonadas” (e interesadas – “Unite a mi hijo y juntos governaremos la Galaxia”) como Novell, Linspire y Xandros firmaron o contrato de alianza con HaseCorp.

CompComm, a fusión Beryl e Compiz comenza a dar resultados 20-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, Informática, Tecnoloxía.
add a comment

Fai algún tempo o equipo de desenroladores de Compiz tivo un mal roio e o proxecto escindiuse dando lugar a a Beryl, que competía co anterior. Hai algunhas semanas limaron as suas diferencias e volveron a xuntarse para unir as suas forzas e crear un escritorio que puidese competir cos novos sistemas operativos privativos (Hasefroch Vista e MacOS 10-11?).

O novo proxecto chamase CompComm (OpenCompositing.org), pero supoño que se trata dun nome provisional, por que fai mais ou menos unha semana faciase na rede unha votación para escoller o nome do proxecto (os que mais sonaban eran Coral e Fusion)Finalmente o nome oficial do proxecto fixose público e é Compiz Fusion–

O que si se nota tras instalarlo e que agora todos os efectos son moito mais estables, xa que con Beryl a verdade e que faiaba todo mais que unha escopeta de feira. E o menú de configuración está moito mais ordenado, claro e integrado ca antes. Hai bastantes plugins de efectos novos, pero sin duda destacan un par deles, Expo e Fire Paint. O primeiro a parte de moi vistoso é tremendamente util, xa que cun so movemento de mouse (esquina superior esquerda por defecto), mostra na pantalla todos os escritorios do cubo en liña, permitindo facilmente coller as ventanas e levalas dun a outro escritorio con pasmosa facilidade. O de escribir con lume é unha parida que en principio eu non lle vexo utilidade algunha (bueno, para fardar cos colegas non linuxeiros), pero recoñezo que é un puntazo. Poñovos un video de demostración que atopei en YouTube para que vexades de que falo:

Seguro que hai mais plugins interesantes que non menciono, pero ireinos probando pouco a pouco. Podedes deixar as vosas impresións nos comentarios.

Deixovos o enlace a un post en castelán no que explica como instalalo cun sinxelo script.

Mais momentos irrepetibles….¿Bruce Dickinson e Yosi xuntos? 15-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias.
add a comment

Fai alguns anos, os mais vellos recordamos que en “Cadena 100” había un programa de radio chamado Emisión Pirata, e nun destes programas fixose unha festa na que invitaron a Bruce Dickinson (cantante de Iron Maiden) a cantar o Johnny B. Goode con xente importante  da escena hardrockeira española, como Yosi, Fortu, Rosendo, xente de Ñu, A Palo Seko, etc. Xuntos fixeron esta versión mais que libre de Johnny B. Goode.

Fixadevos que o que mais e o que menos levaba unha boa tallada, alucinante a cara de Bruce cando cantaba Yosi, que non se enteraba de nada….

 

Linux sen limitacións: QEMU-Puppy 12-06-07

Posted by leillo1975 in Caralladas Varias, GNU/Linux, HaseFroch.
1 comment so far

Fai algún tempo que coñezo Puppy Linux. Esta distro permite executar un sistema GNU/Linux completo nun pendrive, sen necesidade de modificar os discos duros, co que teríamos o noso sistema operativo para usar en calquera ordenador que poida arrincar dispositivos USB.

Pero o conseguido gracias a virtualización de sistemas xa é incrible, pois permite ter o noso Puppy cos nosos axustes, documentos, paquetes, etc sen necesidade de resetear o noso equipo, xa que o sistema corre nunha ventana gracias a QEMU en sistemas GNU/Linux e Hasefroch. Imaxinadevos as posibilidades. Calquera ordenador convirtese no noso ordenador…ides a casa dun amigo e necesitades facer calquera cousa, ou nuns ordenadores públicos…donde queirades.

Se queredes facer a voso propio sistema de bolsillo so tendes que seguir as instruccións desta páxina.

QEMU-PUPPY2 QEMU-PUPPY

Fonte: AGNIX

Primeira Alpha de Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon: Tribe 1 8-06-07

Posted by leillo1975 in GNU/Linux, Informática.
add a comment

Cando ainda imos o rebufo da saida de Feisty Fawn, xa se colgou nos servidores de Ubuntu a nova versión desta distro. A sua saida oficial esta pensada para o mes de Outubro, pero as primeiras imaxes cos posibles cambios xa empezan a pulular pola rede. Segundo lin na páxina de Ubuntu os trocos xa son mais que suliñables:

-Gnome 2.19.2 con novas caracteristicas e correción de erros

-Kernel 2.6.22-6.1, con numerosas caracteristicas como a reducción do consumo (portátiles), melloras en virtualización (VMI e KVM), mais drivers para novos dispositivos e melloras no sistema de acceso a dispositivos flash (pendrives) para que duren mais tempo e sexan menos propensos os fallos.

-Melloras na reportación dos errores, con asistentes que permitiran os usuarios menos avanzados recuperar o sistema de problemas (como por exemplo nas X)

-Novos paquetes de Debian, tales como actualizacións e novas aplicacións

-Última versión de X.org (7.3) coa sua nova ferramenta de configuración gráfica

-Melloras no inicio do sistema e inicio da sesión

-Búsqueda mais eficiente de codecs multimedia

Se queredes descargala pasadevos por aquí. Eu xa estou a baixala para votarlle un ollo con VirtualBox